As pegadas de Arnaldo
Un ano máis, froito do enriquecedor traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos motores que caracterizan o noso traballo común.
O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa,
suxerencias de lecturas e música para todas as idades. As guías están cheas de
novidades e reedicións en lingua galega, ademais non nos quixemos esquecer de
poñer algo de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas letras galegas
2018.
Mandamos unha gran aperta a Luz Beloso que nos agasallou coa fermosa
ilustración das guías: moitas grazas!.
A guía de INFANTIL:
A guía de PRIMARIA: